Xunta Directiva
GDR SALNÉS ULLA UMIA
2025
3ª Xunta Directiva 09-10-2025
O 9 de outubro de 2025, celebrouse por procedemento escrito e sen sesión, computando como física a participación por correo electrónico dos membros desta Xunta Directiva, co único punto do orde do día: Selección e proposta, se procede, da resolución de axudas dos expedientes produtivos privados presentados á convocatoria de axudas LEADER 2025-2026.
2ª Xunta Directiva 04-08-2025
O 4 de agosto de 2025, celebrouse por procedemento escrito e sen sesión, computando como física a participación por correo electrónico dos membros desta Xunta Directiva á orde do día, que é a seguinte: dar conta e ratificación, se procede, da modificación dos cadros financeiros 2025-2026, selección e proposta de resolución de axudas dos expedientes non produtivos entidades locais e non produtivos privados presentados á convocatoria 2025-2026.
1ª Xunta Directiva 09-04-2025
O 9 de abril de 2025 celebrouse a 1ª Xunta Directiva do GDR Salnes Ulla Umia. O orde do día conformouse cos seguintes puntos: Aprobación, se procede, das actas anteriores, Aprobación, se procede, dos novos nomeamentos de representantes de socios e aprobación, se procede, dos cargos da Xunta Directiva, Dar conta da próxima convocatoria de axudas 2025-2026 dentro da nova programación LEADER 2023-2027, Ratificación dos criterios de selección e priorización de proxectos, así como as limitacións sectoriais da EDLP, Ratificación dos gastos de xestión, animación, formación e cooperación 2025, Aprobación, se procede, do cadro financeiro 2025-2026 por tipoloxías de proxectos e dar conta das cotas dos socios, e Rogos e preguntas
2024
32ª Xunta Directiva 27-06-2024
O xoves 27 de xuño de 2024 reuniuse, a través de medios electrónicos, a Xunta Directiva do GDR SALNES ULLA UMIA para tratar a seguinte orde do día: dar conta dos novos fondos e proposta de resolución de axuda total do expediente non produtivo privado con resolución parcial de axuda
31ª Xunta Directiva 08-02-2024
O xoves 8 de febreiro de 2024 reuniuse ás 20:30 h no Edificio Exposalnés, en Cambados, á Xunta Directiva do GDR SALNES ULLA UMIA para tratar a seguinte orde do día: Aprobación de actas anteriores, dar conta das resolucións de axuda e pagos realizados por AGADER durante o ano 2023 e dos novos fondos LEADER, así como á aprobación das novas cotas de socios e a aprobación e distribución dos gastos de Funcionamento do ano 2024.
2023
30ª Xunta Directiva 10-10-2023
O martes 10 de outubro de 2023 reuniuse, a través de medios electrónicos, a Xunta Directiva do GDR SALNES ULLA UMIA para tratar a seguinte orde do día: selección e proposta de resolución de axudas aos expedientes non produtivos presentados por entidades privadas e produtivos privados presentados ao 1 de febreiro de 2023.
29ª Xunta Directiva 14-06-2023
O mércores 14 de xuño de 2023, por procedemento escrito e sen sesión, reuniuse a Xunta Directiva do GDR SALNES ULLA UMIA para tratar a seguinte orde do día: dar conta dos cadros financeiros 2023-2024.e a selección e proposta de resolución de axudas aos expedientes non produtivos presentados por entidades locais presentados a 1 de febreiro de 2023
28ª Xunta Directiva 11-01-2023
O mércores 11 de xaneiro de 2023, por procedemento escrito e sen sesión, reuniuse a Xunta Directiva do GDR SALNES ULLA UMIA para tratar a seguinte orde do día:
Aaprobación, se procede, dos cadros financeiros 2023-2024.
Aprobación, se procede, da distribución dos gastos funcionamento e animación 2023.
2022
27ª Xunta Directiva 01-12-2022
O xoves 1 de decembro de 2022 reuniuse a xunta directiva do GDR Salnés Ulla Umia por procedemento escrito sen sesión para tratar os seguintes asuntos incluídos na orde do día:
Aprobación da distribución de gastos de funcionamento e de animación 2023, medida 19.4.
26ª Xunta Directiva 27-06-2022
O luns 27 de xuño de 2022 reúnese a Xunta Directiva do GDR Salnés Ulla Umia có obxecto de celebrar sesión e tratar os seguintes asuntos incluídos na orde do día:
Aprobación das actas anteriores
Incorporación de novos socios á Asociación.
Toma de acordos da nova programación LEADER período 2023-2027.
Dar conta de novos nomeamentos de representantes de socios.
Rogos e preguntas.
Aprobación das actas anteriores
Incorporación de novos socios á Asociación.
Toma de acordos da nova programación LEADER período 2023-2027.
Dar conta de novos nomeamentos de representantes de socios.
Rogos e preguntas.
25ª Xunta Directiva 19-04-2022
O GDR Salnes Ulla Umia reuniu a Xunta Directiva o 19 de abril de 2022, por procedemento escrito e sen sesión, coa seguinte orde do día:
Aprobación dos gastos de funcionamento e expediente de Animación 2022
Dar conta da próxima convocatoria de axudas de proxectos 2022 e outros asuntos
Rogos e preguntas
Aprobación dos gastos de funcionamento e expediente de Animación 2022
Dar conta da próxima convocatoria de axudas de proxectos 2022 e outros asuntos
Rogos e preguntas
24ª Xunta Directiva 01-02-2022
A Xunta Directiva do GDR Salnes-Ulla-Umia reuniuse o 1 de febreiro de 2022, por procedemento escrito e sen sesión para tratar os seguintes puntos do orde do día:
Aprobación, se procede, da renovación da Póliza de crédito con ABANCA.
Toma de acordos para a presentación da nova candidatura ao programa LEADER 2023-2027.
Toma de acordos para darse de alta na Rede de Dinamización Lingüística.
2021
23ª Xunta Directiva 30-09-2021
O 30 de setembro de 2021 o GDR Salnes-Ulla-Umia convocou a Xunta Directiva por procedemento escrito e sen sesión para tratar os seguintes puntos do orde do día:
Dar conta do TRASVASE de Fondos nos Cadros Financeiros 2021-2022
Selección e proposta de resolución de axudas dos expedientes produtivos presentados na convocatoria de xuño de 2021.
Rogos e preguntas
22ª Xunta Directiva 21-07-2021
A Xunta Directiva do GDR Salnes-Ulla-Umia reuniuse no Concello de Pontecesures o mércores 21 de xullo ás 20:00 para tratar os seguinte orde do día:
Aprobación das actas anteriores.
Dar conta dos Cadros Financeiros 2021-2022
Selección e proposta de resolución de axudas dos expedientes NON PRODUTIVOS presentados na convocatoria de xuño de 2021.
Rogos e preguntas
Aprobación das actas anteriores.
Dar conta dos Cadros Financeiros 2021-2022
Selección e proposta de resolución de axudas dos expedientes NON PRODUTIVOS presentados na convocatoria de xuño de 2021.
Rogos e preguntas
21ª Xunta Directiva 19-04-2021
O 19 de abril de 2021 celebrouse por procedemento escrito e sen sesión a 21ª Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia cos seguintes puntos da orde do día:
Aprobación da acta anterior.
Modificación da estratexia para dar cabida aos novos proxectos elixibles contemplados na Lei de Recuperación da terra agraria de Galicia.
Dar conta da próxima convocatoria, orzamento e prazos das axudas LEADER 2021-2022.
Rogos e preguntas
Aprobación da acta anterior.
Modificación da estratexia para dar cabida aos novos proxectos elixibles contemplados na Lei de Recuperación da terra agraria de Galicia.
Dar conta da próxima convocatoria, orzamento e prazos das axudas LEADER 2021-2022.
Rogos e preguntas
20ª Xunta Directiva 02-02-2021
O 2 de febreiro de 2021 celebrouse por procedemento escrito e sen sesión a 20ª Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia cos seguintes puntos da orde do día: Aprobación da acta anterior, dar conta da nova convocatoria Leader 2021-2022, aprobación, se procede, dos gastos de funcionamento e expediente de Animación 2021, aprobación, se procede, da renovación da Póliza de crédito con ABANCA, rogos e preguntas.
2020
19ª Xunta Directiva 31-07-2020
No edificio Expo Salnés o xoves 31 de xullo de 2020, reuniuse a Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés Ulla Umia có obxecto de celebrar sesión e tratar os asuntos incluídos na orde do día: Aprobación da acta anterior, dar conta do incremento de Fondos nos Cadros Financeiros 2020-2021, selección e proposta de resolución de axudas dos expedientes presentados na convocatoria do 31/01/2020 por valor de 250.000€.
18ª Xunta Directiva 30-01-2020
No edificio Expo Salnés o xoves 30 de xaneiro de 2020 horas reuniuse a Xunta Directiva do GDR Salnés Ulla Umia, có obxecto de celebrar sesión e tratar o seguinte orde deo día: aprobación da acta anterior, aprobación dos gastos de funcionamento 2020, ratificación dos cadros financieiros 2020-2021, aprobación da ampliación da Póliza de crédito con ABANCA, dar conta do Informe da execución do programa LEADER, dar conta das cuotas dos Concellos e Deputación de Pontevedra e pregos e preguntas.
18ª Xunta Directiva 30-01-2020
No edificio Expo Salnés o xoves 30 de xaneiro de 2020 horas reuniuse a Xunta Directiva do GDR Salnés Ulla Umia, có obxecto de celebrar sesión e tratar o seguinte orde deo día: aprobación da acta anterior, aprobación dos gastos de funcionamento 2020, ratificación dos cadros financieiros 2020-2021, aprobación da ampliación da Póliza de crédito con ABANCA, dar conta do Informe da execución do programa LEADER, dar conta das cuotas dos Concellos e Deputación de Pontevedra e pregos e preguntas.
2019
17ª Xunta Directiva 12-11-2019
No edificio Expo Salnés o martes 12 de novembro ás 20:00 horas reuniuse a Xunta Directiva do GDR Salnés Ulla Umia, có obxecto de celebrar sesión e tratar o único asunto da orde do día da convocatoria: a aprobación dos novos representantes das entidades pertencentes á Xunta Directiva propostos polos Concellos de Meaño, Sanxenxo, Cambados e Meis e a elección dos cargos de Presidente e Vicepresidente que recaeron en Juan Manuel Vidal Seage como Presidente; David Castro Mougán como Vicepresidente e Marcos Guisasola Padín como Secretario, manténdose Julio Reboredo Froiz como Tesoureiro.
16ª Xunta Directiva 02-10-2019
O 2 de outubro de 2019 celebrou por procedemento escrito e sen sesión a 16ª Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia tendo como único punto da orde do día a proposta de traspaso de fondos entre medidas para poder dar cabida a mais proxectos nas liñas de subvención.
15ª Xunta Directiva 22-06-2019
No edificio Expo Salnés celebrouse a 15º Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés Ulla Umia o luns 22 de xullo. Nesta Xunta deuse conta do incremento de fondos nos cadros financeiros 2019-2020 e seleccionouse a proposta de resolución de axudas dos expedientes presentados a 31 de marzo 2019.
14ª Xunta Directiva 17-02-2019
A Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés Ulla Umia tivo lugar na Casa da Cultura de Dena, o xoves 7 de febreiro. Os puntos a tratar foron a ratificación dos gastos de funcionamento e de animación 2019, dar conta do cadro financeiro 2019-2020 e prazos da convocatoria, dar conta da convocatoria e prazos das axudas LEADER 2014-2020 e aprobar o. informe de xestión do programa LEADER 2014-2020
2018
13ª Xunta Directiva 26-09-2018
A 13º Xunta Directiva do GDR SALNES-ULLA-UMIA, celebrouse o día 26 de setembro de 2018. Seleccionáronse e propuxéronse para resolución de concesión de axudas aos expedientes promovidos por entidades privadas e publicas presentados ata 31 de maio 2018
12ª Xunta Directiva 19-09-2018
A Xunta Directiva do GDR SALNES-ULLA-UMIA celebrou a súa 12º sesión o 19 de setembro de 2018 na que aprobou a proposta de traspaso de fondos entre medidas que permitiu a activación da lista de agarda de proxectos produtivos.
11ª Xunta Directiva 19-07-2018
O 19 de xullo de 2018 celebrouse a 11ª Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia na que se tratou como único punto do día a selección e proposta de resolución de axudas dos expedientes promovidos por entidades privadas presentados ata 31 de marzo 2018.
10ª Xunta Directiva 10-07-2018
O 10 de xullo de 2018 celebrouse a 10ª Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia onde se seleccionaron e propuxeron para resolución as axudas dos expedientes presentados ata 31 de maio 2018.
9ª Xunta Directiva 13-06-2018
O día 13 de xuño do ano 2018 reuniuse a Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés- Ulla- Umia. Seguindo os puntos presentados na orde do día nomeouse Tesoureiro a D. Julio C. Reboredo Froiz, representante da Agrupación Profesional de Viticultores de Rías Baixas, deuse conta do incremento de fondos nos cadros financeiros 2018-2019 e das cotas dos concellos, tomando acordo sobre a cota da Deputación de Pontevedra. Seleccionáronse e propuxéronse para resolución as axudas dos expedientes presentados ata 31 de marzo 2018.
8ª Xunta Directiva 16-04-2018
O 16 de abril do ano 2018 ás 20:00 horas reuniuse a Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés- Ulla- Umia na que se aprobou o novo cargo de secretario nomeando a D. Juan Manuel Vidal Seage, Alcalde de Pontecesures. Tamén se deu conta do cadro financeiro e prazos da convocatoria 2018-2019
2017
7ª Xunta Directiva 27-11-2017
O luns día 27 de novembro de 2017 celebrouse a 7º xunta directiva onde se aprobou a proposta de gastos funcionamento e animación para o ano 2018
6ª Xunta Directiva 05-10-2017
O xoves 05 de Outubro de 2017 celebrouse a 6º Xunta Directiva para dar conta do transvase de fondos entre submedidas nos cadros financeiros 2017-2018 e para a selección e proposta de resolución de axudas dos expedientes presentados ata 31 de maio 2017
5º Xunta Directiva 31-08-2017
O día 31 de agosto do ano 2017 reuniuse a Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés- Ulla- Umia co obxecto de celebrar sesión para dar conta da modificación dos gastos de funcionamento 2017 e do incremento de fondos nos cadros financeiros 2017-2018. Por último seleccionáronse e propuxéronse para resolución as axudas dos expedientes presentados ata 31 de marzo 2017.
4º Xunta Directiva 12-07-2017
O día 12 de xullo do ano 2017 reuniuse a Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés- Ulla- Umia có obxecto de celebrar sesión e dar conta da ampliación da póliza e da selección e proposta de resolución das axudas aos expedientes non produtivos de entidades públicos.
3º Xunta Directiva 22-02-2017
A 3º reunión da Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia celebrouse o 22 de febreiro de 2017. Dentro da orde do día ratificouse a Estratexia e baremos técnicos, aprobáronse os cadros financeiros 2017-2018 e os gastos de funcionamento e de animación do ano 2017. Deuse conta da renovación da póliza de crédito, do proceso selectivo do equipo técnico e da convocatoria e prazos das axudas LEADER 2014-2020.
2016
2º Xunta Directiva 28-06-2016
O día 28 de xuño de 2016 celebrouse a 2º reunión da Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia. A orde do día tratou sobre a incorporación de novos socios á asociación, a aprobación da Estratexia, baremos técnicos e Orzamento do programa e a toma de acordos para a xestión do programa LEADER 2014-2020.
1º Xunta Directiva 10-06-2016
O día 10 de xuño realizouse a primeira reunión da Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia, para aceptar os nomeamentos e axilizar algúns trámites burocráticos relativos ao GDR.
