APRAZADO: MOTIVADO POLA PREVISIÓN DE CHOIVAS PARA O VINDEIRO DOMINGO. DARASE A COÑECER A NOVA DATA PRÓXIMAMENTE
A Comunidade de Montes de András pon en marcha unha visita guiada ao conxunto arqueolóxico do Monte Lobeira, que combinará a beleza paisaxística e natural coa riqueza monumental megalítica da zona.
Entre os segredos que esconde este pico, hai un círculo lítico de estrutura moi singular, descuberto tralos incendios de 2006, que se sitúa preto do cume, que se eleva a case 300 metros. Tamén hai tres mámoas.
O GDR SALNES ULLA UMIA contribuíu á súa posta en valor coas axudas concedidas á CMVMC DE ANDRÁS para o valado perimetral e limpeza forestal destes depósitos co fin de evitar danos a estes restos, como “o paso de maquinaria ou transporte como quads”. ou motos por riba dos monumentos”. Así mesmo, realizáronse traballos de topografía ou a colocación de paneis informativos que expliquen cales son os diferentes depósitos e cal era a súa función.
A visita guiada terá lugar o domingo 4 de setembro a partir das 10:30 da mañá dende o aparcadoiro do mirador do Monte Lobeira. O traxecto, que terá unha duración de hora e media, baixará ata a zona onde se sitúan os diferentes monumentos megalíticos, para pasar tamén polo miradoiro do Faro das Lúas, de 228 metros de altura.