ORDE do 31 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).
Orde do DOG nº 31 do 2021/2/16 – Xunta de Galicia
Subvencións que as persoas titulares de montes veciñais en man común (MVMC), as súas agrupacións e as sociedades de fomento forestal (Sofor) poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2021 en réxime de concorrencia competitiva.
Establécense dúas liñas de subvencións:
a) Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible (código de procedemento MR651A).
b) Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga (código de procedemento MR651B).