9ª ASAMBLEA XERAL 28-06-2023

O mércores 28 de xuño de 2023 celebrouse a 9º Asemblea Xeral do GDR O Salnés Ulla Umia, na que se tomaron os seguintes acordos: Aprobación da acta anterior, aprobación, das contas anuais, memoria e informe de avaliación do ano 2022, aprobación do orzamento e plan de actuación do ano 2023 e aprobación da proposta de nova EDLP para o período 2023-2027.

8ª ASAMBLEA XERAL 13-12-2022

O martes 13 de decembro celebrouse a reunión da 8º Asemblea Xeral Extraordinaria do GDR SALNES-ULLA-UMIA”, coa seguinte orde do día:
Aprobación da acta anterior, se procede, toma de acordos do actual programa LEADER 2014-2020, toma de acordos novo Programa LEADER Período 2023-2027, rogos e preguntas.

7ª ASEMBLEA XERAL 6-07-2022

A Asemblea Xeral Extraordinaria do GDR Salnes-Ulla-Umia reuniuse o mércores 6 de xullo para tratar os seguintes puntos do orde do día:
Aprobación da acta anterior, aprobación dos novos representantes da Xunta Directiva do GDR, modificación de Estatutos do GDR, aprobación das contas anuais 2021, aprobación da Memoria 2021, aprobación do Orzamento e do Plan de actuación 2022, aprobación do Informe Anual de Avaliación e Seguimento 2021,toma de acordos da nova estratexia do programa LEADER para o período 2023-2027 e rogos e preguntas

6ª ASEMBLEA XERAL 21-07-2021

O GDR Salnes-Ulla-Umia reunirase en Asemblea Xeral no Concello de Pontecesures ou 21 de xuño con inicio ou orde do día:
Aprobación da acta anterior, incorporación de novos socios, aprobación das contas anuais 2020, aprobación da Memoria 2020, aprobación da Organización e do Plan de Acción 2021, aprobación do Informe Anual de Avaliación e Seguimento 2020, informe de xestión do LEADER e Programa Rogos e preguntas

5ª ASEMBLEA XERAL 31-07-2020

O xoves 31 de xullo de 2020, celebrouse a 5º Asemblea Xeral do GDR SALNES-ULLA-UMIA na cal se trataron os asuntos incluídos no seguinte Orde do día: Aprobación da acta anterior, incorporación de novos socios e ratificación de novos cargos Xunta Directiva, lectura e aprobación das contas anuais 2019, Aprobación da Memoria 2019, aprobación do Orzamento e do Plan de actuación 2020, aprobación do Informe Anual de Avaliación e Seguimento 2019 e a lectura e aprobación do informe de xestión do programa LEADER.

4ª ASEMBLEA XERAL 08-05-2019

O 8 de maio de 2019, na sede de ExpoSalnés en Cambados, celebrouse a 4º Asemblea Xeral do GDR Salnés Ulla Umia co seguinte Orde do Día: Incorporación de novos socios, lectura e aprobación das contas anuais 2018, aprobación da Memoria 2018, aprobación do Orzamento e do Plan de actuación 2019 e a aprobación do Informe Anual de Avaliación e Seguimento e o informe de xestión do programa LEADER 2018.

3ª ASEMBLEA XERAL 16-04-2018

O 16 de abril de 2018 celebrouse a Asemblea Xeral do GDR  Salnés Ulla Umia. Reuníndose as entidades asociadas para dirimir a incorporación de novos socios, a aprobación das contas anuais e a Memoria 2017. aprobouse o Plan de actuación de 2018. Tamén se procedeu a aprobación do Informe Anual de Avaliación e Seguimento, do Informe de xestión do programa LEADER do ano 2017 e do Manual de Procedemento GDR SALNES ULLA UMIA.

2ª ASEMBLEA XERAL 31-08-2017

O día 31 de agosto de 2017 celebrouse a Asemblea Xeral do GDR O Salnés Ulla Umia, para a incorporación de novos socios, aprobar as contas anuais 2015 e 2016 e orzamento e plan de actuación de 2017. Tamén se deu conta do informe de xestión do programa Leader 2014 2020.

1ª ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 10-6-2016

O 10/6/2016 celebrouse unha Asemblea Xeral extraordinario do GDR para a incorporación de novos socios e aprobar a modificación de estatutos.