O GDR Salnés-Ulla-Umia convocou aos seus socios no Concello de Pontecesures o pasado mércores para celebrar Xunta Directiva e aprobar os proxectos non produtivos presentados na convocatoria 2021-2022 do Programa LEADER. A totalidade proposta para estes expedientes cubre a partida orzamentaria para proxectos non produtivos públicos do cadro financeiro do GDR SALNES ULLA UMIA de importe de 144.742,69€ nos seguintes proxectos:
· CONCELLO DE PORTAS, implantación dun punto de recarga semirapido de vehículo eléctrico cun importe de axuda de 9.823,16€.
· CONCELLO DE MEAÑO, subministro e instalación de pérgola bioclimática no centro social polivalente cun importe de axuda de 8.022,30€.
· CONCELLO DE PONTECESURES, PANTALLA LED INFORMATIVA PRAZA COCHE DE PEDRA cun importe de axuda de 8.462,26€.
· CONCELLO DE VALGA, DOTACIÓN DE CIRCUITO BIOSALUDABLE NA AREA RECREATIVA DE VILARELLO DE CORDEIRO cun importe de axuda de 9.247,54€.
· CONCELLO DE MORAÑA, EQUIPAMENTO URBANO PARA NUCLEOS RURAIS cun importe de axuda de 10.136,74€.
· CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA, ACONDICIONAMENTO DA PLANTA BAIXOCUBERTA DO CENTRO DE FORMACIÓN CON NOVAS TECNOLOXIAS NO PAZO DE VISTA REAL cun importe de axuda de 20.000,00€.
· CONCELLO DE MEIS, REHABILITACIÓN DO LAVADOIRO DE VILANOVIÑA cun importe de axuda de 9.696,00€.
· CONCELLO DE SANXENXO, CREACIÓN ZONA DEPORTIVA EN CANELAS cun importe de axuda de 23.520,00€.
· CONCELLO DE CUNTIS, MELLORA DO ENTORNO DO PASEO DO RIO GALLO E DO RIO DA PATELA cun importe de axuda de 8.369,15€.
· CONCELLO DE CAMBADOS, MELLORA NA ACCESIBILIDADE DA IGREXA DE SAN MAMED DE CORVILLÓN cun importe de axuda de 6.720,60€.
· CONCELLO DE RIBADUMIA, MELLORA DA ACCESIBILIDADE NO RECINTO DO EDIFICIO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS cun importe de axuda de 10.554,03€.
· CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA, DOTACIÓN DE PARQUE DEPORTIVO EN O BAO cun importe de axuda de 12.014,21€.
· CONCELLO DE CALDAS DE REIS, POSTA EN VALOR DO LAVADOIRO DO RIO UMIA E ADECUACIÓN DO SEU ENTORNO cun importe de axuda de 8.176,70€.
· CMVMC de András cun importe de axuda parcial de 5.000€.
A continuación O GDR Salnés-Ulla-Umia celebrou a 6ª Asemblea Xeral de socios onde se aprobaron as Contas do ano 2020 o orzamento 2021, Informe de Avaliación 2020 e o informe de xestión do programa LEADER.
Nesta reunión tamén se fixo balance do programa dende que comezou o programa LEADER no mes de marzo de 2017, onde se presentaron un total de 187 expedientes alcanzando unha inversión de mais de 20M€ con unha axuda estimada de case 3 millóns de euros, e cunha creación e consolidación de 197 postos de traballo na comarca repartidos en mais de 50 expedientes resoltos e pagados de iniciativas tanto publicas como privadas moi variadas de distintos sectores tales coma no sector turístico con novas casas de turismo rural, outras iniciativas no sector servizos e comercio e industria.