Hoxe o Presidente do GDR SALNES ULLA UMIA e Alcalde de Pontecesures, Manuel Vidal Seage e a súa Xerente Arancha Pérez, mantiveron reunión telemática coa Delegada da Xunta Luisa Piñeiro, ademais dos 4 GDRs restantes da provincia de Pontevedra. A Delegada amosou gran interese no traballo levado a cabo co programa LEADER 2014-2020, no rural das nosas comarcas, e sobretodo tendo en conta que estivo en primeira liña coma anterior membro do noso GDR ao estar na alcaldía de Moraña, concello pertencente ao GDR SALNES ULLA UMIA.
Puidemos explicarlle a nosa preocupación pola nova convocatoria LEADER 2021-2022, nestes tempos de pandemia e sobre todo polos prazos de execución dos futuros proxectos. O noso GDR agradeceu a súa colaboración e apoio no traballo levado a cabo, todo el co obxectivo final de asentar poboación no rural, axudar aos emprendedores e pequenas empresas, diversificación de actividades e mellora de servizos.
Por outra banda houbo unha petición xeral dos 5 GDRs pontevedreses e moi necesaria, que suporía un incremento de fondos para atender a maior cantidade de proxectos, xa que nesta zona son múltiples as consultas e solicitudes para acadar estas axudas.