Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:
Categoría 1ª:
- a) Os concellos de Galicia polos que discorra algún tramo físico terrestre do Camiño de Santiago.
- b) Tamén poderán solicitar as axudas reguladas por estas bases calquera outra entidade local en relación a actuacións que vaia realizar no Camiño de Santiago sempre que se teñan competencias para a actuación proposta.
Categoría 2ª:
- a) As persoas físicas sen ánimo de lucro e as persoas xurídicas sen ánimo de lucro titulares dun dereito real sobre un ben moble ou inmoble, recurso ou elemento situado en calquera dos tramos físicos dalgunha das rutas do Camiño de Santiago.
- b) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, en relación cos inmobles situados en calquera dos tramos físicos dalgunha das rutas no Camiño de Santiago.
- c) As asociacións de veciños, comunidades de montes veciñais en man común, comunidades de bens, e calquera outra institución ou asociación que teña título habilitante suficiente para actuar sobre o recurso ou elemento sobre o que se propón a actuación situado en calquera dos tramos físicos dalgunha das rutas do Camiño de Santiago.
Segundo. Obxecto e réxime
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora paisaxística, a procura da harmonía, a orde e respecto, e a coherencia do Camiño de Santiago e a súa paisaxe cos valores culturais ligados ás sociedades que ao longo do tempo construíron este espazo (código de procedemento TU501D).
As actuacións deberán realizarse sobre bens físicos situados no ámbito de protección dos Camiños de Santiago, e no campo visual do seu recorrido, de tal xeito que a actuación sexa perfectamente visible desde o Camiño.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 10 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, e se establece a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU501D).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Sexto. Prazo de xustificación de la subvención
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 20 de outubro de 2022 (incluído).