Grazas ao convenio asinado pola Consellería de Medio Rural e Vicepresidencia da Xunta de Galicia, os GDR van a ter un orzamento de 250.000€ para levar a cabo actuacións de prevención e sensibilización contra a violencia de Xénero.
No caso concreto do Grupo Desenvolvemento Rural SALNES ULLA UMIA, a súa proposta vai ser a coñecida Caravana Morada, unha iniciativa que vai traballar en colaboración cos 16 concellos da comarca. Esta maña foi inaugurada en Portonovo polo Alcalde de Sanxenxo Telmo Martín, o concelleiro de Servizos Sociais, Daniel Arosa e o concelleiro de Economía e tamén Secretario do GDR SALNES ULLA UMIA Marcos Guisasola, e a Xerente do grupo Arancha Pérez. Este servizo permaneceu en Baltar en horario de mañá coincidindo co mercadillo semanal de Portonovo, permitindo deste xeito chegar este servizo a unha gran afluencia de veciños/as do municipio.
Esta caravana disporá de profesionais especializados en psicoloxía contra a violencia de xénero, criminoloxía e técnicos de igualdade que ofrecerán este servizo itinerante para chegar a tódolos concellos, mulleres e público en xeral.
A caravana do punto morado ten unha dobre compoñente, por unha banda concienciar e visibilizar o compromiso social e o rexeitamento das violencias de xénero e por outra banda o poder ofertar un servizo de atención técnica, psicolóxica de coordinación e de información ás mulleres que así lo demanden.
A situación de alarma sanitaria e o confinamento agravou o número de agresións e abusos, nos 98 días de duración do estado de alarma, as chamadas ao 016 incrementáronse en mais dun 40% con respecto ao mesmo período do ano anterior. O carácter itinerante deste servizo é unha gran vantaxe para intentar axudar ás mulleres e poboación en xeral que o precise.
Esta caravana vai cumprir con todos los protocolos de seguridade COVID 19 en todo o seu proceso de actuación. Entregarán documentación informativa e pulseiras lazo.
O GDR SALNES ULLA UMIA coa colaboración do Concello de Sanxenxo quere aportar o seu granito de area ás políticas contra á violencia de xénero, tendo en conta que o papel que ten a muller na economía do rural galego. O 80% dos casos de violencia que se dan nas poboación rurais, non son denunciados nin ante as autoridades correspondentes nin no propio entorno da vítima.