PROMOTOR: CONCELLO DE MORAÑA
Nº EXPEDIENTE: L18-1920-17-0058
SITUACIÓN: Lg. de Agriños e Barosela – Saiáns – Moraña
DESCRICIÓN:
O promotor ten previsto o recuperación paisaxística no entorno dos ríos Cornide e Agra no Concello de Moraña. Contempla polo tanto, as actuacións necesarias para levar a cabo o acondicionamento da marxe dos ríos, para darlle acceso ao entorno destes ríos. O obxectivo principal é poñer en valor determinados elementos etnográficos que forman parte do patrimonio natural, mediante a rehabilitación e conservación do lavadoiro encravado no núcleo rural de Agriños. Coa execución desta actuación preténdese conseguir unha serie de actuacións encamiñadas a mellorar os servizos e a calidade de vida dos usuarios. Entre os principais podemos destacar a creación dun espazo de recreo público para uso de lecer, con actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, o coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais, creación de accesibilidade para evitar a degradación existente e o seu deterioro ambiental, limpeza do entorno evitando perigo de incendios, e mais dende as últimos sucesos do ano pasado xa que se atopa en estado de abandono na actualidade, e por último e a consecución da recuperación dun espazo con alto valor ambiental no concello de Moraña.

ORZAMENTO ACEPTADO: 48.394,35 €
AXUDA CONCEDIDA: 31.940,27 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 66,00 %