PROMOTOR: CONCELLO DE MORAÑA
Nº EXPEDIENTE: 7119-17-0012
SITUACIÓN: Moraña
DESCRICIÓN:
A actuación consiste nun proxecto para promoción turística dos distintos recursos turísticos en xeral dentro do Concello de Moraña, os cales abranguen rutas de sendeirismo, natureza, patrimonio cultural (arqueolóxico, arquitectónico, etnográfico…), festas, gastronomía, etc. A información turística estará xerada nun portal web turístico denominado “turismo.morana.org” en dous idiomas.
Con este proxecto de promoción turística preténdense levar a cabo catro tipos de accións:
1.- Portal web de Turismo.
2.- Folleto turístico (deseño e impresión).
3.- Xeración de material gráfico (fotografía e vídeo).
4.- Sinalización de recursos turísticos concretos (rutas de sendeirismo, zonas de ocio, patrimonio arquitectónico e arqueolóxico, etc.).
Os obxectivos deste plan son:
1. Crear unha identidade turística sólida que reflicta os valores e atractivos de Moraña.
2. Mellorar a visibilidade dos recursos turísticos mediante ferramentas de comunicación eficaces.
3. Fomentar un turismo sostible que respecte o medio ambiente e a cultura local.
4. Impulsar a economía local mediante o incremento do número de visitantes.
