PROMOTOR: CONCELLO DE VALGA
Nº EXPEDIENTE: L18-1920-17-0057
SITUACIÓN: Lg. Baño – Santa María de Xanza – Valga
DESCRICIÓN:
O promotor ten previsto o acondicionamento dun local na zona exterior dunha edificación municipal existente, o CODI, e a adquisición e instalación dun forno de cerámica para a posta en marcha dun taller obradoiro de cerámica dirixido a persoas con diversidade funcional. A posta en marcha realizase en colaboración con ASDIVALU (Asociación de persoas con discapacidade dos Vales Ulla Umia) de voluntarios. Con este proxecto prestarase un servizo de igualdade e benestar que mellore a calidade de vida das persoas con diversidade funcional que incremente o nivel educativo e as capacidades dos individuos participantes, que implique a oferta de unha nova actividades de ocio e tempo libre e integración de persoas con discapacidade.

ORZAMENTO ACEPTADO: 40.592,00 €
AXUDA CONCEDIDA: 30.687,55 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 75,60 %