PROMOTOR: TALLERES SENIN S.L.
Nº EXPEDIENTE: L23-1920-17-0201
SITUACIÓN: Santa María de Xanza, lugar de Senín, Valga
DESCRICIÓN:
Talleres Senín pretende diversifica-la súa actividade ofrecendo un novo servizo de aliñado de direccións coa última tecnoloxía dispoñible no mercado. Neste proxecto talleres Senín vai adquirir un equipo para aliñado de direccións de vehículos categoría m1 e n1 (turismos e pequenos vehículos industriais, furgóns e similares). o alienador de direccións é un equipo de verificación e calibrado de sistemas de dirección de vehículos que permite regular unha serie de parámetros deste sistema coa finalidade de obter un desgaste equilibrado de pneumáticos, redución de consumo de combustible, confort de marcha, uniformidade na trazada, simetría no volante, etc. probas de aliñado que son testadas na inspección técnica de vehículos.