PROMOTOR: CONCELLO DE MEIS
Nº EXPEDIENTE: 7119-17-0002
SITUACIÓN: Meis
DESCRICIÓN:
O Concello de Meis promove un proxecto de rehabilitación e restauración no Cruceiro da Lomba, na parroquia de Nogueira, debido aos graves danos que se teñen producido sobre este ben, de gran importancia etnográfica, ao longo dos últimos anos. O deterioro debido a axentes térmicos, mecánicos e estruturais e incluso biolóxicos e químicos, é apreciable a simple vista.
É por isto que o Concello encarga o presente traballo de diagnose sobre o estado de conservación do cruceiro co conseguinte plan de actuación. Este plan de recuperación do elemento, mais aló dos tratamentos solicitados pola entidade municipal ambicionan cubrir un tratamento integral, coherente e homoxéneo do conxunto. Tratase dun proxecto de protección e recuperación dun Ben de Interese Cultural.

ORZAMENTO TOTAL: 9.806,20 €
AXUDA CONCEDIDA: 7.413,49 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 75,60 %