“O proxecto Depoforest Xestión integral e aproveitamento de piñeirais” ten como obxectivo a mellora da capacidade para encontrar emprego das personas en situación de desemprego, especialmente mulleres, xóvenes, maiores de 45 años, e residentes en zonas rurais protexidas, que teñan interese en traballar no sector forestal e no medio natural.
Tratase dun proxecto formativo para a creación de emprego da Deputacion de Pontevedra dentro do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad. O programa é gratuito.
Consta de 5 accións de formación presencial e talleres prácticos. O noso programa formativo recolle e pon en valor a multifuncionalidade dos bosques a través dunha xestión innovadora, que axuda ao desenvolvemento socioeconómico de espacios forestais e comarcas da provincia de Pontrevedra.
Ademais de preservar e mellorar os socio-ecosistemas relacionados coa actividade de extracción de resinas naturais, co obxeto de garantir e potenciar a mixtura de usos (pastoreo, recreo, educativo, aproveitamento micolóxico, conservador e forestal productivo), unha innovación centrada nos propietarios e comunidades de montes, cun claro retorno sociocultural, económico e ambiental da inversión realizada baseada na bioeconomía, no mantemento dos servicios ecosistémicos, o desenvolvemento rural e que faciliten a integración de mulleres e xuventude. Pretendese convertir o medio forestal nunha oportunidade laboral para os habitantes do medio rural.
As personas interesadas en participar nas accións formativas do proxecto Depoforest poden contactar co servicio de medioambiente mediante a dirección de correo medioambiente@depo.es ou ben no teléfono 886 210 725