https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341Q
Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa do bono das persoas autónomas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Subvención do bono das persoas autónomas
- Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias desta orde unha subvención do 80 % da actividade que se vai subvencionar, cun límite máximo de 3.000,00 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables e o resto do gasto será por conta da persoa beneficiaria.
- Esta axuda terá unha liña de actuación, de mellora da competitividade, a través dos seguintes investimentos:
- Compra de maquinaria.
- Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.
- Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.
- Compra de utensilios e ferramentas.
- Reforma do local do negocio.
- Equipamento informático.
- Equipamento de oficina e/ou negocio.
- Rótulos.
- Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais.
- Deseño de marca.
No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, a persoa beneficiaria deberá destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens inscritibles nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens.
No caso de reforma do local do negocio, exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.
- Definicións:Compra de maquinaria: conxunto de máquinas ou bens de equipamento mediante as cales se realiza a extracción ou elaboración dos produtos.Compra e/ou instalacións para a mellora da eficiencia enerxética: toda aquela compra de produtos e instalacións que reduzan o consumo enerxético, o que vai desde o cambio de sistemas de iluminación a cambios de maquinaria ou instalacións.Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos: enténdese por tal o cambio de máquinas e instalacións de enerxías fósiles a enerxías limpas.Compra de utensilios e ferramentas: conxunto de utensilios ou ferramentas que se poden utilizar autonomamente ou conxuntamente coa maquinaria, incluídos os moldes.Reforma do local do negocio: refírese a obras de sinxela técnica e escasa entidade construtiva e económica. Consiste normalmente en pequenas obras de mellora e reparación, decoración ou ornato, que non modifican a estrutura construtiva. Enténdese por local do negocio o centro de traballo declarado nos anexos, ou cuxa actividade sexa o comercio retallista fóra de establecementos comerciais permanentes, e outras actividades vencelladas a feiras e verbenas.Exclúese o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma.Equipamento informático: considérase equipamento informático para efectos desta orde as tabletas ou similares, ordenadores persoais de sobremesa, ordenadores portátiles, equipamentos de rede, escáneres e similares.Equipamento de oficina e/ou mobiliario: considerarase equipamento de oficina todo aquel elemento susceptible de ser usado nun contorno de traballo, tales como impresoras, destrutoras de papel e outros similares, e por mobiliario, o conxunto de mobles que sirvan para a actividade normal da empresa, como mesas, cadeiras, andeis, mostradores e vitrinas.
Rótulos para negocios: carteis físicos identificativos dos negocios e da súa localización, ou cuxa actividade sexa o comercio retallista fóra de establecementos comerciais permanentes, e outras actividades vencelladas a feiras e verbenas.
Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais: importe satisfeito pola propiedade ou polo dereito ao uso de programas informáticos. Tamén inclúe os gastos de creación e desenvolvemento das páxinas web que a empresa adquira, sempre que a súa utilización estea prevista durante varios exercicios, a creación e desenvolvemento de apps, así como os gastos de creación e mantemento, e coa condición da previsión de utilización durante varios exercicios, así como o apoio á creación e ao deseño de participación nas redes socias.
Deseño de marca: creación de símbolo formado por imaxes ou letras/caracteres que serve para identificar un negocio e todo o relacionado con el.
En ningún caso se consideran subvencionables os teléfonos móbiles e smartphones. Exclúese a adquisición de bens e servizos que poidan ser considerados como mercadoría pola cal a empresa obteña beneficios segundo a súa actividade.
- A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2023 e ata a data da solicitude da axuda, efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento.Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, segundo dispón o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Os servizos e os investimentos deben ser contratados con provedores que se dediquen á actividade obxecto da subvención.
- As administracións laborais competentes, nos seus respectivos ámbitos de xestión, garantirán o pleno cumprimento de «non causar prexuízo significativo» (principio « do no significant harm-DNSH») e a etiquetaxe verde e dixital, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, aprobado polo Consello de Ministros do 27 de abril de 2021 e no Regulamento (UE) número 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en todas as fases de deseño e execución de proxectos.
Ás solicitudes deberá xuntarse unha declaración responsable de adecuación ao principio de «non causar prexuízo significativo», no sentido establecido no número 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, conforme o formulario que se recolla na convocatoria debidamente cuberto pola entidade solicitante. A dita declaración responsable do principio de «non causar prexuízo significativo» (principio « do no significant harm-DNSH») realizarase atendendo ao modelo que se recolle no anexo III, seguindo as directrices recollidas na Comunicación da Comisión Europea (2021/ C 58/01), Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo» en virtude do Regulamento relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia.