Hoxe tivemos a primeira reunion presencial coa Directora Xeral de Agader para comentar os retos da próxima convocatoria de axudas 2021-22. O presidente do GDR Manuel Vidal Seage comentou a gran cantidade de consultas que se está recibir nas oficinas do grupo e o importante interese por estes fondos. A Directora Xeral explicounos que en breve se concretará unha reunion cos grupos para detallar o funcionamento desta nova convocatoria, prazos e reparto de fondos.
Compartir