Dende a Deputación de Pontevedra da posta en marcha do programa “DepoFroitos” que ten como obxectivo xeral impulsar as producións de froitos do bosque de calidade en terreos de cultivo abandonados con manexo ecolóxico .
Está destinado a persoas empregadas ou desempregadas inscritas como demandantes de emprego e a través dunha experiencia innovadora de formación e acompañamento coñeceremos as oportunidades de negocio que ofrece o emprendemento no sector dos froitos do bosque.
Profundarase especialmente en como emprender no sector dos froitos do bosque, fomentando a creación de ideas que promovan o desenvolvemento sustentable en zonas despoboadas e rurais, que ofrezan solucións creativas e innovadoras aos retos socio-ambientais actuais e opcións sustentables de usos e prácticas que melloren a relación do ser humano co planeta, así como facilitar a comercialización das producións e crear unha agrupación comercial de froitos do bosque
Accións de Innovación social sobre Emprendemento no sector Froitos do Bosque (10 horas a distancia).
Accións de Innovación social sobre Internacionalización (10 horas a distancia).
TALLERES FORMATIVOS
Ubicación e data de realización
Concello de Cuntis 2/03/2020
Concello A Estrada 4/03/2020
Concello de Silleda 6/03/2020
Concello de Ponteareas 9/03/2020
Concello de O Rosal 11/03/2020
Concello de Salceda de Caselas 13/03/2020
Concello de Marín 16/03/2020
Concello de Vilaboa 18/03/2020
Concello de Meaño 20/03/2020
Concello de A Cañiza 23/03/2020
Concello de Nigrán 25/03/2020
Concello de A Lama 27/03/2020