Os GDR elemento clave para a cohesión económica e social de Galicia no próximo periodo Leader 2023-2027
O encontro organizado pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia foi un punto de encontro para a posta en común de novas iniciativas a nivel nacional.
Máis de cincuenta personas participaron nun encontro que puxo de manifesto a necesidade de visibilizar a labor de dinamización destas entidades
Os GDR son un elemento clave para o desenvolvemento economómico e social no rural, que precisan máis autonomía, participación social e visibilidade para dar a coñecer a súa importante labor vertebradora dos diferentes territorios, ésta é unha das conclusión ás que se chegaron neste primeiro encontro Redes, grupos e retos para o novo Leader (2023-2027).
A xerente do GDR GDR SALNÉS ULLA UMIA, Arancha Pérez Cerezo, asistiu á xornada organizado pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, reuniu en Santiago a membros dos grupos de desenvolvemento rural de Galicia e representantes de direccións xerais e grupos de desenvolvemento rural de Asturias, Cantabria, Castela e León, Castela A Mancha, Andalucía, Estremadura, Madrid ou Cataluña, que debatiron o novo papel e os retos de futuro aos que se enfrentan en cada territorio.
Na ponencia inaugural, José Antonio Santiso Miramontes, presidente da Asociación de GDR de Galicia, sinalou que “un dos obxectivos deste seminario é reforzar e manter vivas as redes de colaboración entre entidades de desenvolvemento rural de diferentes zonas de España e poñer en común as diferentes estratexias de cada territorio para adaptarse ao novo plan Leader 2023-2027.”
Neste sentido, lembrou que “non podemos esquecernos de que somos entidades fundamentais para a dinamización do rural, atendendo ás demandas das persoas, poñendo en valor o que xa se fai, sendo enlace coas administración e co obxectivo final de dar visibilidade”.
Pola súa parte, Carlos Martínez Carrillo, representante do GDR anfitrión, Terras de Compostela, deu a benvida e “representantes de entidades de oito autonomías diferentes que estarán presenten ao longo dunha xornada que se agarda moi interesante”.
A directora xeral de AGADER, Inés Santé Riveira, referiuse a “seguiremos apoiando este tipo de encontros para poñer coñecementos e experiencias en común co obxectivo de atraer máis movemento económico e social aos entornos rurais.
Retos para o novo Leader
Na primeira das mesas redondas, titulada Evolución do Leader e novo período (2023-27) Propostas de Mellora, a directora xeral de AGADER, Inés Santé, a directora xeral de Industria e de Cadea Agroalimentaria da Xunta de Castilla e León, María José González Garrachón, o director xeral do Medio Natural e Planificación Rural do Principado de Asturias, David Villar, e a directora xeral de Desenvolvemento Rural do Goberno de Cantabria María Luisa Pascual, fixeron un balance dos fitos alcanzados nos últimos anos e marcaron obxectivos a medio prazo fundamentais para o novo periodo Leader.
Así, Inés Santé, sinalou a importancia de centrarse en tres ámbitos específicos, conseguir unha maior participación social dentros dos GDR, crear novas estratexias para adaptarse ao momento de cambio e tendo en conta a transición ecolóxica, enerxética e poboacional, e por último, a posta en valor da Lei de recuperación de terras que permitiría por a disposición da sociedade unhas 500.000 hectáreas de terreo abandonado en Galicia.
A seguinte mesa redonda, sobre Redes nacionais de desenvolvemento rural: interlocución, coordinación e aprendizaxe e na que participaron María José Murciano, xerente do REDR e Víctor Jolín, secretario de REDER, centrouse na parte máis técnica para presentar propostas máis eficaces e eficientes na dinamización do seu territorio por parte dos GDR e GAL.
Nesta mesma liña, Pedro Fernández, coordinador de proxectos de ARA, Fernando Isasi, xerente da Rede Cántabra Rural, Luís Miguel Rebustiello, xerente de READER e José Luis Peralta, xerente de RECAMDER debateron sobre O funcionamento das redes autonómicas de desenvolvemento rural: servizos e retos de futuro.
Boas prácticas do novo período Leader
Xa a sesión da tarde, iniciouse coa presentación de proxectos de boas prácticas que se están realizando en diferentes comunidades pensando no novo período do Leader. Nesta ocasión, participaron Raúl G. Leralta, xerente de PRINCAL, Juan Lázaro, representante de READER e xerente do GDR Baixo Nalón, un representante de ARCA e Diego Curto Portela, xerente do Grupo do Valle do Ambroz (DIVA), por REDEX.
Para finalizar a xornada fíxose un resumo das principais conclusións das diferentes mesas de debate e sobre o papel futuro da rede galega de grupos de desenvolvemento rural. E concluiuse coa intervención do presidente da Asociación de GDR de Galicia, José Antonio Santiso Miramontes e o subdirector de AGADER, Moisés Blanco Paradelo.