Representantes dos cinco GDRs da provincia de Pontevedra participaron na convocatoria, organizada pola Consellería de Medio Rural, contando coa presencia da Directora Xeral de Agader Inés Santé e maila colaboración do grupo Salnés-Ulla-Umia.
A xuntanza parte presencial e parte virtual, debido a protocolos COVID, foi celebrada no Concello de Pontecesures grazas á invitación do seu Alcalde e Presidente do GDR, Manuel Vidal Seage, xunto coa Xerente do grupo Arancha Pérez.
O motivo desta xuntanza foi coñecer de primeira man o proxecto de Lei de Recuperación Agraria de Galicia. Inés Santé aproveitou o encontro telemático para trasladar aos GDRs o contido da norma, que se atopa actualmente en trámite Parlamentario. Abordando, ademais, como pode afectar aos diferentes territorios que abrangue cada grupo atendendo as súas peculiaridades. O obxectivo final da lei é recuperar a terra abandonada para novos usos, evitando así o despoboamento do rural. Unha meta que coincide coa liña de traballo dos GDR, apoiados por fondos europeos a través do programa Leader.
No encontro participaron representantes dos grupos de Salnés-Ulla-Umia, Pontevedra Norte, Pontevedra Morrazo, Condado Paradanta e Baixo Miño, e todos amosáronse dispostos a manter a liña de colaboración coa Consellería do Medio Rural. Aproveitouse esta xuntanza para intercambiar impresións e consultas pola nova convocatoria de axudas LEADER 2021-2022 que en nos vindeiros meses será aperturada.
A de hoxe foi a segunda parada na axenda de reunións cos GDRs de toda Galicia que está a manter Inés Santé. Onte o encontro foi cos de Lugo e Ourense, e mañá está previsto celebrar a xuntanza cos da Coruña.