Persoas beneficiarias.
En función do tipo de axuda solicitada, poderán ser beneficiarias as seguintes persoas:
- a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
- a) Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, código de procedemento MR405A).
- Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.
- Persoas agricultoras mozas que se instalan nunha explotación de nova creación.
- b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
- a) Submedida 6.1. Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A).
- Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, non teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación.
- b) Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (código de procedemento MR405B).
- Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias.
Segundo. Obxecto.
Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2022 as seguintes liñas de axuda incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:
- a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.
- b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1. Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas.
– Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.
Estas axudas teñen como finalidade:
- a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
- b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.
Terceiro. Bases reguladoras.
Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).
Cuarto. Importe
Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito de trinta e sete millóns cincocentos mil euros (37.500.000), repartido en:
- a) Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas: vinte millóns de euros (20.000.000), cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nunha porcentaxe do 75 %.
- b) Submedida 6.1. Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas: quince millóns de euros (15.000.000), financiados ao 100 % a través do instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI).
- c) Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións: dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000), cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nunha porcentaxe do 75 %.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.