O programa LEADER é unha iniciativa comunitaria de axudas para o desenvolvemento rural, responde o acrónimo “Ligazón Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural”.
Caracterízase por ser unha metodoloxía na que a poboación do territorio elixible deixa de ser destinataria para converterse en protagonista do seu desenvolvemento, coa planificación e aplicación dunha estratexia definida dende o territorio, a través da unión dos axentes públicos e privados organizados nun Grupo de Desenvolvemento Rural: a Asociación do Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés Ulla Umia composta por mais de 217 socios. Desta forma trátase de implicar aos diferentes sectores da zona e fomentar a cooperación e o traballo en rede.
¿QUÉ É O PROGRAMA LEADER 2023-2027?
BENEFICIARIOS
ENTIDADES BENEFICIARIAS DO PROGRAMA LEADER 2023 – 2027
– Persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
– Entidades públicas de carácter local.
– As comunidades de montes veciñais en man común.

TIPOLOXÍA DE AXUDAS
As iniciativas subvencionables polo LEADER 2023-2027 están reguladas polo réxime de axuda incluído nas Bases do programa publicadas por AGADER (DOG Nº 82 do mércores, 30 de abril de 2025) deberán ter encadramento na Estratexia de desenvolvemento local do GDR SALNES ULLA UMIA e cumprir as condicións de subvencionabilidade que se especifican nas fichas de elixibilidade:
– Os investimentos, de natureza produtiva, no sector da produción agraria Primaria
– Os investimentos, de natureza produtiva, elixibles en transformación e comercialización de produtos agrarios
– Os investimentos, de natureza produtiva, elixibles en transformación e comercialización de produtos forestais
– Os investimentos, de natureza produtiva, que supoñan a creación, modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias
– Bono activa rural
– Os investimentos elixibles en proxectos de natureza non produtiva
En xeral os gastos subvencionables comprenden: construción, adquisición e mellora de bens inmobles, instalacións e compras de maquinaria, equipamento e material funxible, adquisición de terreos non edificados, custos xerais (estudos técnicos, gastos de proxectos, dirección de obra, estudos de viabilidade, patentes, licencias…)
As iniciativas deben estar situadas no ámbito territorial elixible (segundo o mapa dos Grupos de desenvolvemento rural publicado por AGADER), axustarse a normativa sectorial, deberán ser finalistas e que o investimento non estea iniciado.
Procedemento de xestión de axudas
- Solicitude da Axuda
- Acta de non inicio
- Revisión de documentación, Análise e baremación
- Emisión do Ice
- Xustificación documental dos gastos
- Execución da inversión
- Resolución e concesión da axuda
- Validación do Ice Por Agader
- Visita inspección “In Situ”
- Resolución do Pagamento
- Controis posteriores
Prazos de solicitude de axudas
Onde os proxectos participan na concorrencia participativa
Documentación a presentar
Ademais de cubrir a solicitude e anexos publicados no DOG Nº 82 do mércores, 30 de abril de 2025 e dispoñibles na sede electrónica da XUNTA DE GALICIA, (procedemento MR701L), será necesaria outra documentación dependendo da tipoloxía do proxecto:
Documentación acreditativa do solicitante (NIF, DNI, CIF).
Declaración censual (modelo 036 ou 037) ou compromiso de comunicar o inicio de actividade á AEAT.
Escrituras de constitución e dos estatutos rexistrados.
Documentación específica para pequenas empresas: últimas contas depositadas no rexistro correspondente, última memoria anual de actividades, balance e volume de negocio do último exercicio pechado. Informe de vida laboral da/s conta/s de cotización da empresa e/ou dos traballadores autónomos. Informe do cadro de persoal medio de traballadores en situación de alta.
Acreditación da propiedade ou capacidade legal de uso e desfrute dos bens do proxecto.
No caso de investimentos no sector agrario código de explotación agraria.
Anteproxecto firmado por un técnico competente no caso de obra civil.
Plano Sixpac de localización dos investimentos.
Certificación da conta bancaria.
Estar ao corrente de tódalas obrigas fiscais e da seguridade social.
Compromiso de respectar o destino do investimento durante 5 anos, a menos que exista unha normativa mais restritiva.
E outra documentación necesaria segundo a tipoloxía do proxecto.