Interritmos segue co seu circuíto musical e cultural, o pasado venres 15 estivemos no Concello de Frades en Ponte Carreira, xunto cos gañadores do concurso Leni Pérez & Roberto Comesaña e As Lembranzas, acompañados pola conversa da arte e transformación da cestería tradicional.
E o día 22 tocoulle ao Pazo de Goians, no Concello de Boiro, conversas de Mª José González de Artesanía La Gorra – Montehermoso e Sandra Alvite de Trenzarte, que nos contaron as peculiaridades tanto do Sancosmeiro como da “Gorra” extremeña, e as actuacións de Leni Pérez & Roberto Comesaña e Maghúa cantareiros.
PRÓXIMA PARADA NA RIBEIRA SACRA: 6-7 OUTUBRO EN SAMOS E AS NOGAIS, NON FALTEDES!!
Proxecto promovido polos grupos GDR Ribeira Sacra – Courel, GDR Salnés-Ulla-Umia, GDR Comarca de Lugo, Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes e Asociación Deloa, no marco da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020.