As actuacións complementáronse coa celebración dunha charla-coloquio, na que participaron Susana Seivane e Antón Corral.
INTERRITMOS busca promover a cultura como motor de desenvolvemento territorial, así como dar visibilidade e potenciar a profesionalización de grupos e bandas que apostan pola evolución da música tradicional e de raíz.
INTERRITMOS é un proxecto de traballo en rede promovido por 4 Grupos de Desenvolvemento Rural: a Asociación de Desarrollo Local DELOA, o GDR Asdecomor, o GDR Salnés-Ulla-Umia e o GDR Ribeira Sacra-Courel.