O GDR SALNES ULLA UMIA colabora coa Consellería de Medio Rural na iniciativa MERCAPROXIMIDADE, onde máis de 1.650 escolares galegos poderán degustar dende o luns 13 de decembro menús de Nadal elaborados con máis de 600kg de productos agroalimentarios distribuidos pola Xunta.
A iniciativa emárcase na rede Mercaproximimade, o canle alternativo de comercialización habilitada polo Goberno Galego ó inicio da emerxencia sanitaria para darlles saída ás produccións do sector primario da nosa comuninade.
Será o colexio Domingo Fontán de Portas, o centro escollido dentro do territorio do GDR SALNES ULLA UMIA, o que recibirá carne de tenreira, porco e cordeiro, patacas, fabas, mel e productos lácteos para confeccionas os seus almorzos especiais nestas datas previas ó nadal para máis de 300 nenos.
A Xunta está a repartir entre preto dunha decena de centros escolares galegos máis de 600 kilos de productos agroalimentarios da nosa comunidade para que poidan confeccionar menús de Nadal para cerca de 1.650 rapaces. A iniciativa emárcase na rede Mercaproximidade, o canle alternativo de comercialización habilitada polo Goberno Galego ó inicio da emerxencia sanitaria para garantir cas producción do noso sector primario atopaban saída nas principais cadeas de distribución.
En total, a Xunta repartirá 348 kg de patacas, 81 kg de fabas, 85 kg de carne de tenreira, 600 hamburguesas e 93 kilos de carne de porco celta e 40 kg de carne de cordeiro. Tamén 1.210 iogures, 52 queixos e una decena de kilos de mel. Todos os productos destacan pola súa calidade, o acollerse a indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega, Miel de Galicia e Faba de Lourenzá ou a denominación de origen protexida Queso tetilla.
En concreto, serán oito centros escolares galegos os que recibirán estas produccións por parte da Xunta para elaborar os seus menús de Nadal entre o luns 13 de decembro, e o próximo martes 21, tendo lugar a maior parte dos almorzos o longo da primeira semana.
No marco do calne Mercaproximidade, que tiña como principal obxetivo dar saída os productos agroalimentarios galegos nos establecementos das principais cadeas de distribución que operan en Galicia, tamén se desenvolveron campañas nas redes sociais baixo as etiquetas #EuVoudeSuperfeirón e #FeirónNaCasa, para impulsar a compra de productos locais de calidade, así como o seu uso para a elaboración de receitas gatronómicas.