Beneficiarias
a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos. Tamén serán subvencionables proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo e que careza de finalidade lucrativa.
As persoas beneficiarias poderán solicitar un anticipo de ata un importe máximo do 50% da subvención concedida.
Bases reguladoras
Resolución do 26 de abril de 2021 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210503/AnuncioO90-260421-0001_gl.html
Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será, como mínimo, dun mes e iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, coa data límite que determine cada grupo de desenvolvemento rural en función da dispoñibilidade de fondos.