Interritmos Sons do Rural chegou ao remate da súa edición 2023 con dous días incribles no DESTINO COUREL!
📍 Capela do Ciprés, Samos, 🎶Coa actuación de As lembranzas e maila xornada de “Ao son duna culler” narrada polas voces de Vanesa Muela e Felisa Segade. E para pechar a actuación de Maghúa e dunha exquisita degustación de produtos locais.
📍Praza José Ramón Fernández Díaz, As Nogais
🎵O día comezou co ritmo de Fixe Trío, seguido da xornada “A herdeira do organistrum” a cargo de Xaneco e Fran Allegre, para seguir bailando, A.C Abrende coas súas melodías.
Esperámosvos na próxima edición de música, tradición e moito sabor!
Proxecto promovido polos GDR GDR Ribeira Sacra – Courel, GDR Salnés-Ulla-Umia, GDR Comarca de Lugo, Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes e Asociación Deloa, no marco da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020.