Xa tivo lugar a entrega do premio do GDR Salnés Ulla Umia a nosa veciña de Meis Carmen Vázquez Carballa, na Casa de Escudeiro de Meis.
Asistiron a esta entrega o Presidente do GDR Manuel Vidal Seage, a Alcaldesa de Meis Marta Giráldez, xunto co concelleiro Martín Casais e membro da Xunta Directiva do GDR, tamén asistirá a Xerente do GDR Arancha Pérez.
O premio consiste nun sorteo de agasallos dentro da campaña conxunta cos 24 GDR de toda Galicia “O rural vive, vive o rural”, no caso do GDR SALNES ULLA UMIA foi sorteado unha estancia na Quinta de San Amaro para dúas persoas e visita a unha adega da zona con degustación.
O obxectivo destes premios foi difundir a labor dos GDR no desenvolvemento rural de Galicia e neste caso se valorou aportar unha pequena axuda ao sector hostaleiro tan castigado nestes tempos e favorecer a un sector tan importante no noso rural coma é o mercado vitivinícola.
A ganadora Carmen Vázquez, natural de Paradela, quedou moi satisfeita co agasallo e participou activamente na labor de difusión nas redes sociais.
O presidente Manuel Vidal transmitiu aos medios que despois dun largo ano con tantos atrancos, o resultados do programa LEADER deron os seus froitos e vaise a materializar nunha continuación do programa para os anos 2021-2022 con unha nova convocatoria de axudas. No sabemos cando a Consellería de Medio Rural permitirá a súa apertura pero esperamos que sexa a principios do ano que ven, comenta Seage.