A Rede Rural Nacional (RRN) centra estes meses o seu Plan de Acción na temática da mocidade, a través dunha serie de actividades destinadas a dar resposta ás necesidades detectadas mediante unha enquisa e unha reunión do grupo temático de expertos creado expresamente para tal fin. A principal necesidade identificada é garantir a empregabilidade da mocidade no rural.
Neste contexto, organizouse un ciclo de cinco xornadas de emprendemento rural por sectores, dirixido especialmente á mocidade.
Este ciclo ten un enfoque territorial, e percorrerá distintos sectores económicos, cada un deles con especial peso en determinadas rexións, pero de interese para o conxunto do rural do país. Durante o ciclo completo teremos a oportunidade de coñecer iniciativas empresariais de todas as comunidades autónomas.
En concreto, esta xornada trata sobre o sector forestal, e conta coa participación de experiencias das comunidades autónomas de: Cataluña, Castela e León, Castela A Mancha, Galicia e Madrid.