Temos o pracer de informarlle que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convocou a XII edición dos Premios á Excelencia á Innovación para mulleres rurais. Como en anos anteriores, esta iniciativa busca poñer en valor os proxectos de traballo e vida das mulleres no noso medio rural e o traballo esencial que realizan para manter e revitalizar estes territorios, a través do recoñecemento de proxectos excelentes, orixinais e innovadores.
Na convocatoria deste ano, que ten unha dotación total de 150.000 euros, recoñécense catro categorías, en cada unha das cales se outorga un primeiro, segundo e terceiro premio:
1. “Excelencia na innovación na actividade agrícola”
2. “Excelencia na innovación na actividade pesqueira ou acuícola”
3. “Excelencia na innovación na diversificación da actividade económica en zonas rurais ou costeiras”
4. “Excelencia na comunicación”
A estas categorías súmase o Premio Especial á traxectoria ligada ao apoio á muller no rural, cun recoñecemento honorífico.
Podes obter máis información sobre estes premios e as condicións para participar neles na páxina web do Ministerio e nas redes sociais Facebook e Twitter. O prazo de inscrición para presentar as solicitudes estará aberto do 5 de maio ao 4 de xuño.
Lembrámoslles tamén que na páxina web do Ministerio e na súa sede electrónica pode atopar un documento informativo que resolve preguntas frecuentes sobre a presentación de solicitudes.