Convocatoria dos XV Premios ao Desenvolvemento Rural 2024
Descarga a convocatoria facendo clic aquí.
Destinatarios
Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.
Documentación a presentar
· Solicitude, (anexo I).
· Descrición da iniciativa, cun máximo de 5.000 caracteres (anexo II)
· Documento acreditativo da constitución da entidade
· Poder suficiente da persoa representante para actuar no nome da entidade solicitante
· Autorización da representación, no caso de persoas físicas que actúen a través de representante (anexo III)
· Calqueira outra documentación que o promotor da iniciativa considere interesante para fortalecer a candidatura que se presenta (cartas de apoio, publicacións, fotografías, etc.)
Prazo
O prazo para presentar as candidaturas rematará o 1 de xullo de 2024.
Premios
Os premios constarán dun diploma e dunha dotación en metálico de 10.000€.
Categorías
Cada iniciativa só se podeá presentar a unha das seguintes categorías:
· Mocidade
· Paisaxe rural
· Proxectos de interese social
· Turismo
· Sector agrogandeiro
· Mulleres
· Innovación tecnolóxica
· Recuperación e posta en valor da tierra agraria
Forma de presentación
Vía electrónica a través do formulario normalizado MR709A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica tamén poderán presentar as solicitudes presencialmente en cualquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Na web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Na guía de procedementos e servizos da sede electrónica da Xunta de Galicia.
No teléfono 981 545 858 da Axencia.
De forma presencial na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, A Barcia 56, Laraño. 15897 Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 545 858