Aberto xa o prazo para presentar as solicitudes de axuda da convocatoria LEADER 2020-2021. As subvencións oriéntanse a apoiar proxectos no rural, tanto produtivos como non produtivos, calquera persoa ou entidade que queira recibir axudas do programa LEADER deberá presentar o seu proxecto ou iniciativa antes do 31 de xaneiro, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia e dirixido ao GDR 17 (GDR Salnés Ulla Umia).