INFORMAMOS QUE CON DATA DE HOXE, 30 DE ABRIL DE 2025, PUBLICOUSE NO DOG AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS LEADER 2023-27 E SE ANUNCIA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ANO 2025 (PROCEDEMENTO MR701L).
O prazo de solicitude das axudas será dun mes.
Consulta as bases e cubre a ficha que achegamos para a valoración do teu proxecto.:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250430/AnuncioO90-160425-0001_es.pdf
Modelo Ficha Solicitude (descarga aquí)
Prazo de presentación: 01/05/2025 00:00 – 30/05/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
