Consellería do Medio Rural
ORDE do 14 de maio de 2021 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
Axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
Liña A. Asistencia técnica a persoas apicultoras e organizacións de persoas apicultoras. A esta liña só poderán optar as cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia (código de procedemento MR506B).
Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea. Todas as axudas poderán ser solicitadas por persoas apicultoras e cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, incluíndo cooperativas de segundo grao.
Liña C. Racionalización da transhumancia. Esta liña poderá ter como persoas beneficiarias, para as medidas C.3 e C.4, tanto a apicultura estante como a transhumante.
Liña D. Medidas de apoio aos laboratorios de análise de produtos apícolas para axudas ás persoas apicultoras para comercializaren e valorizaren os seus produtos.
Liña E. Medidas de apoio á repoboación dos efectivos apícolas.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210528/AnuncioG0426-140521-0001_gl.html