A AXENCIA GALEGA DE DESARROLLO RURAL publica a RESOLUCIÓN de 26 de diciembre de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de inversión en actividades empresariais non agrícolas e se anuncia a convocatoria para el ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedimiento MR708A): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250129/AnuncioO90-261224-0001_es.pdf
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes dende a data da publicación.
Beneficiarios:
1. As microempresas e pequenas empresas ubicadas en zona rural
2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.
Proxectos Subvencionables:
Os proxectos deben ter un orzamento elixible superior a 20.000 € e inferior a 250.000 €. No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 € respectivamente.
Adquisición de bens de equipo co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:
1º) Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
2º) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.
3º) Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servicios nos sectores de hotelería (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico), hostelería e restauración.
4º) Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
5º) Actividades de ocio, recreativas e deportivas
6º) Artesanía e actividades artesanais.
7º) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
8º) Comercio polo miúdo.
Gastos Subvencionables
Con carácter xeral, será subvencionable a compra de maquinaria e equipamentos novos afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.
Importe da Axuda
45% dos gastos subvencionables
Información das axudas a través do enderezo electrónico: infoagader@xunta.gal ou nos teléfonos: 981547382 – 981540140 – 881997263