Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
EXTRACTO da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR701D).
BDNS (Identif.): 666428.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.minhap.gob.es/bsnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarias
a) As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
b) As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.
c) As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
Segundo. Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR) e con cargo ás anualidades 2023 e 2024, as subvencións que se corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme as estratexias de desenvolvemento local participativas dos grupos de desenvolvemento rural).
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2023 e 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR701D).
Cuarto. Contía
A contía global da convocatoria é de 3.056.886,80 € para a anualidade 2023 e de 12.227.547,20 € para a anualidade 2024. Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Feader e o seu importe está distribuído entre os grupos de desenvolvemento rural seleccionados no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
Quinto. Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será, como mínimo, dun mes e iniciarase o día 1 de xaneiro de 2023. Estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, coa data límite que determine cada grupo de desenvolvemento rural en función da dispoñibilidade de fondos. (31 de xaneiro)
Sexto. Outros datos
Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos. Tamén serán subvencionables proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo e que careza de finalidade lucrativa.
Na xestión destas axudas participan os grupos de desenvolvemento rural (GDR) que foron seleccionados como entidades colaboradoras da Administración para a xestión da medida 19 (Leader) do PDR de Galicia 2014-2020.
As persoas beneficiarias poderán solicitar un anticipo de ata un importe máximo do 50% da subvención concedida.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221229/AnuncioO90-271222-0001_gl.html
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2022