ABANCA renova a súa alianza co GDR Salnés-Ulla-Umia con solucións de crédito e outros produtos e servizos creados a medida.
▪ O acordo é froito dunha colaboración que se extende nos últimos anos con solucións a medida para dinamizar a economía da zona
▪ O banco reforza o seu compromiso para promover o crecemento sostible das empresas e reforzar a creación de emprego
▪ O convenio conta co plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, deseñado para persoas traballadoras autónomas, que posibilita un maior aforro na xubilación
20.01.2026. ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Salnés-Ulla-Umia acaban de renovar, un ano máis, o seu xa histórico acordo de colaboración. O obxectivo da alianza é impulsar a economía da zona con solucións de fi nanciamento para o día a día das empresas que conforman o grupo e a creación de emprego e autoemprego.
O acordo foi asinado esta mañá en Pontecesures (Pontevedra) polo coordinador de colectivos de ABANCA na Dirección Territorial de Pontevedra, José Liñeira, e o presidente do GDR, Juan Manuel Vidal Seage. Ambos representantes aproveitaron o encontro para conversar sobre a situación e os retos actuais aos que se enfrontan os distintos sectores económicos que forman parte do grupo e acordaron manter un contacto habitual e fl uido para abordar posibles retos e necesidades do futuro.
O acordo especifi ca distintas solucións especializadas e creadas a medida para o GDR, como os préstamos, liñas de crédito, avais, desconto comercial, confi rming, anticipo de subvencións ou o pagamento de impostos. Ademais, os proxectos do sector agrogandeiro poderán acceder á liña de fi nanciamento Agro Multidestino, un produto exclusivo de ABANCA que unifi ca nun só contrato o fi nanciamento máis habitual de circulante co conseguinte aforro de custos. Todo isto sen esquecer a experiencia da rede comercial máis extensa no ámbito territorial do GDR.
As persoas que forman parte da agrupación terán acceso tamén ao Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. Ademais, a entidade fi nanceira conta con xestores e xestoras especializadas en materia de seguros ou banca electrónica, entre outros, para as persoas interesadas. Desde as ofi cinas de ABANCA facilitarase tamén toda a información relativa ás opcións de fi nanciamento dispoñibles a través dos convenios ofi ciais que o banco subscribe con diversos organismos públicos.
Así mesmo, o documento fai especial fi ncapé no plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, unha solución ideada para complementar a xubilación das persoas traballadoras autónomas. Trátase dun plan de pensións de emprego simplifi cado que permite aos profesionais por conta propia xerar un maior aforro que os tradicionais plans individuais.







