A Caravana Morada continua a súa andaina polos concellos do Salnés Ulla Umia, esta vez hoxe Venres 2 de outubro no Concello de Pontecesures na Praza do Coche de Pedra en horario de 9:00-14:00 horas.
Hoxe tivemos a sorte de contar para a inauguración coa visita do Alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Seage e Presidente do GDR SALNES ULLA UMIA e tamén coa Concelleira de Igualdade Laura Villar Matos.
A Caravana é un punto de información e asesoramento que pretende visibilizar o rexeitamento comunitario do acoso e agresións de xénero. Dispón de profesionais especializados en psicoloxía contra a violencia de xénero, criminoloxía e técnico de igualdade que ofrecerán este servizo itinerante de xeito gratuíto a mulleres e público en xeral.
O GDR SALNES ULLA UMIA, como entidade involucrada no desenvolvemento rural, entende que a importancia da muller no rural é vital para súa economía, tendo en conta que o número de explotacións agrogandeiras na nosa comunidade autónoma ronda o 50%, cifra moi superior ao promedio nacional.
A caravana vai cumprir con todos los protocolos de seguridade COVID 19 en todo o seu proceso de actuación, ademais entregarán documentación informativa e pulseiras lazo.