A caravana morada promovida polo GDR SALNES ULLA UMIA entra na recta final de visitas esta semana, este martes día 10 ofrecerá os seus servizos no concello de Cuntis, para estar o día 12 no concello da Illa de Arousa e finalmente o día 13 nos concellos de Ribadumia e Moraña. Se ubicará nas respectivas prazas dos concellos anteriores en horario de 9:00 a 14:00 horas, a excepción de Moraña que estará ubicada na Carballeira en horario de tarde de 16:00 a 20:00.
Son moitos os veciñ@s que han solicitado información na caravana e nos teléfonos que se facilitan cos recursos de igualdade que cada concello dispón, xa que unha ferramenta moi útil para a loita contra a violencia de xenero, dotada con profesionais especializados en psicoloxía, criminoloxía e técnicos de igualdade.
A caravana do punto morado ten unha dobre compoñente, por unha banda concienciar e visibilizar o compromiso social e o rexeitamento das violencias de xénero e por outra banda o poder ofertar un servizo de atención técnica, psicolóxica de coordinación e de información ás mulleres que así lo demanden.
A situación de alarma sanitaria e o confinamento agravou o número de agresións e abusos, nos 98 días de duración do estado de alarma, as chamadas ao 016 incrementáronse en mais dun 40% con respecto ao mesmo período do ano anterior. O carácter itinerante deste servizo é unha gran vantaxe para intentar axudar ás mulleres e poboación en xeral que o precise.
Esta caravana cumpre con todos los protocolos de seguridade COVID 19 en todo o seu proceso de actuación. Entregarán documentación informativa e pulseiras lazo.
O GDR SALNES ULLA UMIA coa colaboración dos concellos das nosas comarcas quere aportar o seu granito de area ás políticas contra á violencia de xénero, tendo en conta que o papel que ten a muller na economía do rural galego. O 80% dos casos de violencia que se dan nas poboación rurais, non son denunciados nin ante as autoridades correspondentes nin no propio entorno da vítima.