PROMOTOR: CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA
Nº EXPEDIENTE: 7119-17-0017
SITUACIÓN: Illa de Arousa
DESCRICIÓN:
O proxecto ten como obxecto a restauración e rehabilitación do cruceiro emprazado na confluencia das rúas Ribeira do Chazo, Agro da Porta e A Salga. O cruceiro forma parte do catálogo de bens culturais do patrimonio cultural de Galicia e ten a consideración de Ben de Interese Cultural.
O Concello de A Illa de Arousa quere recuperar e por en valor este elemento patrimonial a consecuencia do acto vandálico que, a principios de 2023, provocou caída e rotura do capitel e a cruz do cruceiro.
