PROMOTOR: ASOCIACIÓN UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO
Nº EXPEDIENTE: 7119-17-0016
SITUACIÓN: Meaño
DESCRICIÓN:
O presente proxecto ten por obxecto a adquisición de instrumentos musicais destinados á formación musical de nenos e nenas do ámbito rural do Concello de Meaño, como parte dun programa de dinamización educativa e cultural. Plantéxase a adquisición de instrumentos pouco coñecidos, cun custe alto de adquisición incluso nas súas versións máis económicas ou de iniciación. Esta iniciativa encádrase nunha estratexia de desenvolvemento local que busca combater a fenda de acceso a actividades culturais en zonas rurais, fomentar a igualdade de oportunidades e contribuír a fixar poboación xuvenil no territorio mediante a oferta de actividades lúdicas de calidade. A adquisición destes instrumentos permitirá mellorar de xeito significativo os recursos dispoñibles para a cultura musical nas parroquias do concello, promovendo unha cultura artística accesible e descentralizada.

ORZAMENTO TOTAL: 11.720,00 €
AXUDA CONCEDIDA: 8.016,48 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 68,40 %