PROMOTOR: ASOCIACIÓN UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO
Nº EXPEDIENTE: 7119-17-0015
SITUACIÓN: Meaño
DESCRICIÓN:
O presente proxecto ten como obxecto a adquisición dun sistema de tarimas desmontables e transportables que permita a realización de concertos e actividades culturais ao aire libre en distintas parroquias do Concello de Meaño.
O feito de ser desmontables, permite que as mesmas se poidan trasladar a diferentes ubicacións. A súa versatilidade ven dada porque se poden adaptar a diferentes necesidades e espazos. Poden ser empregadas tanto en exteriores como en interiores de auditorios, pavillóns, ou calquera tipo de instalación na que se poidan realizar concertos.

ORZAMENTO TOTAL: 12.900,00 €
AXUDA CONCEDIDA: 8.823,60 €
PORCENTAXE DA AXUDA: 68,40 %