PROMOTOR: CONCELLO DE PORTAS
Nº EXPEDIENTE: 7119-17-0009
SITUACIÓN: Portas
DESCRICIÓN:
O Concello de Portas, sensibilizado coa contaminación ambiental e aspirando dentro do seu municipio a colaborar no posible na diminución das emisións atmosféricas e das carbonizacións da mobilidade, pretende impulsar o uso de enerxías limpas, mediante a instalación dun punto de recarga para vehículos eléctricos.
Queren instalar un punto de recarga (capacidade para dous vehículos) que se vai situar en dúas prazas de aparcamento xunto ao Obradoiro de Emprego San Juan II (Escola Taller), no lugar de Estación, 12 da parroquia de Portas e referencia catastral 36040A002000470001YQ.
A estación de recarga elixida é dobre (simultaneamente dous vehículos) e permite prefixar a potencia máxima demandada, sendo este totalmente de balde, o cal o fará máis atractivo para tódolos usuarios deste tipo de vehículos.