PROMOTOR: CONCELLO DE CAMBADOS
Nº EXPEDIENTE: 7119-17-0007
SITUACIÓN: Cambados
DESCRICIÓN:
O proxecto consiste na realización dun miradoiro de madeira no lugar de A Seca, na parroquia de Corvillón, co obxectivo de favorecer o uso público do espazo, promover o lecer sostible e a interpretación da paisaxe. Vaise realizar nunha contorna de alto valor paisaxístico xunto ao Muíño da Seca, elemento patrimonial de gran valor do ano 1622, este muíño é un dos poucos que se conservan en Galicia que aproveita as mareas do mar para mover as moas do muíño. Na actualidade transformouse nun museo onde se ofrece unha visión completa do proceso de moenda e da vida deste antigo oficio.
