PROMOTOR: CONCELLO DE VALGA
Nº EXPEDIENTE: 7119-17-0006
SITUACIÓN: Valga
DESCRICIÓN:
O proxecto que vaise a levar a cabo é a instalación dun parque de calistenia (deporte baseado nun sistema de exercicios físicos nos que se emprega o propio peso corporal para fortalecer diversos músculos). O obxectivo é a súa instalación dentro do parque de Ponte Valga, onde xa existe un parque infantil para os nenos e outro bio. saudable para os maiores. Con isto se quere ampliar a oferta de espazos públicos moi demandada pola poboación e dar servizo a outra franxa de idade de mozos ou outras persoas interesadas.
vaise a crear un espazo conxunto onde ten cabida toda a veciñanza, busca ofrecer un entorno accesible, seguro e diverso onde persoas de tódalas idades, capacidades e condicións poidan convivir, participar e beneficiarse de actividades físicas e de lecer.
Se vai a crear un punto de encontro comunitario, contribuíndo á cohesión social cos seguintes obxectivos :
– Fomento da práctica de actividades físicas ao aire libre.
– Promoción de estilos de vida saudables para toda a poboación.
-Ofrecer unha alternativa deportiva gratuíta e accesible para todos os veciños.
– E por último pero mais importante, estimular a interacción social e inclusión social na comunidade.
