PROMOTOR: FERNÁNDEZ MARTÍNEZ MARTA
Nº EXPEDIENTE: L21-1920-17-186
SITUACIÓN: Silván – Meis – Armenteira
DESCRICIÓN:
Proxéctase a rehabilitación e ampliación de edificacións existentes para a actividade de pensión de 3 estrelas, fóra da intervención subvencionable preténdese a rehabilitación dunha das edificacións existentes. A pensión desenvólvese en 3 edificacións, a primeira delas, en planta baixa configúrase como garaxe e cuarto de instalacións, a continuación disponse a edificación principal composta de planta baixa e primeira onde se sitúan as habitacións para un total de 6 cuartos dobres (1 delas para discapacitados). Por último o proxecto contempla dentro das actuacións previstas a rehabilitación da planta baixa dunha terceira edificación para o seu acondicionamento como salón social dotado dun pequeno rocho e aseo. Preténdese fomentar o turismo local como reactivación económica da contorna.