PROMOTOR: CONCELLO DE PONTECESURES
Nº EXPEDIENTE: L21-1920-17-0164
SITUACIÓN: Lugar San Luis – Concello de Pontecesures
DESCRICIÓN:
Colocación dunha pantalla led para a difusión de información dinámica municipal na Praza do Coche de Pedra, monumento en honor aos fundadores das feiras automobilísticas e punto clave deste concello. O obxectivo é que a praza serva como punto de información xeral á cidadanía e aos viaxeiros que pasan polo municipio, neste pantalla LED no que poder emitir información dinámica (dos servizos do concello, dos puntos de interese turístico, da climatoloxía, das festas locais…)

ORZAMENTO ACEPTADO: 11.374,00€
AXUDA CONCEDIDA: 8.462.26€
PORCENTAXE DA AXUDA: 74,40%