19ª Xunta Directiva 31-07-2020

No edificio Expo Salnés o xoves 31 de xullo de 2020, reuniuse a Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés Ulla Umia có obxecto de celebrar sesión e tratar os asuntos incluídos na orde do día: Aprobación da acta anterior, dar conta do incremento de Fondos nos Cadros Financeiros 2020-2021, selección e proposta de resolución de axudas dos expedientes presentados na convocatoria do 31/01/2020 por valor de 250.000€.

18ª Xunta Directiva 30-01-2020

No edificio Expo Salnés o xoves 30 de xaneiro de 2020 horas reuniuse a Xunta Directiva do GDR Salnés Ulla Umia, có obxecto de celebrar sesión e tratar o seguinte orde deo día: aprobación da acta anterior, aprobación dos gastos de funcionamento 2020, ratificación dos cadros financieiros 2020-2021, aprobación da ampliación da Póliza de crédito con ABANCA, dar conta do Informe da execución do programa LEADER, dar conta das cuotas dos Concellos e Deputación de Pontevedra e pregos e preguntas.

17ª Xunta Directiva 12-11-2019

No edificio Expo Salnés o martes 12 de novembro ás 20:00 horas reuniuse a Xunta Directiva do GDR Salnés Ulla Umia, có obxecto de celebrar sesión e tratar o único asunto da orde do día da convocatoria: a aprobación dos novos representantes das entidades pertencentes á Xunta Directiva propostos polos Concellos de Meaño, Sanxenxo, Cambados e Meis e a elección dos cargos de Presidente e Vicepresidente que recaeron en Juan Manuel Vidal Seage como Presidente; David Castro Mougán como Vicepresidente e Marcos Guisasola Padín como Secretario, manténdose Julio Reboredo Froiz como Tesoureiro.

16ª Xunta Directiva 02-10-2019

O 2 de outubro de 2019 celebrou por procedemento escrito e sen sesión a 16ª Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia tendo como único punto da orde do día a proposta de traspaso de fondos entre medidas para poder dar cabida a mais proxectos nas liñas de subvención.

15ª Xunta Directiva 22-06-2019

No edificio Expo Salnés celebrouse a 15º Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés Ulla Umia o luns 22 de xullo. Nesta Xunta deuse conta do incremento de fondos nos cadros financeiros 2019-2020 e seleccionouse a proposta de resolución de axudas dos expedientes presentados a 31 de marzo 2019.

14ª Xunta Directiva 17-02-2019

A Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés Ulla Umia tivo lugar na Casa da Cultura de Dena, o xoves 7 de febreiro. Os puntos a tratar foron a ratificación dos gastos de funcionamento e de animación 2019, dar conta do cadro financeiro 2019-2020 e prazos da convocatoria, dar conta da convocatoria e prazos das axudas LEADER 2014-2020 e aprobar o. informe de xestión do programa LEADER 2014-2020

13ª Xunta Directiva 26-09-2018

A 13º Xunta Directiva do GDR SALNES-ULLA-UMIA, celebrouse o día 26 de setembro de 2018. Seleccionáronse e propuxéronse para resolución de concesión de axudas aos expedientes promovidos por entidades privadas e publicas presentados ata 31 de maio 2018

12ª Xunta Directiva 19-09-2018

A Xunta Directiva do GDR SALNES-ULLA-UMIA celebrou a súa 12º sesión o 19 de setembro de 2018 na que aprobou a proposta de traspaso de fondos entre medidas que permitiu a activación da lista de agarda de proxectos produtivos.

11ª Xunta Directiva 19-07-2018

O 19 de xullo de 2018 celebrouse a 11ª Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia na que se tratou como único punto do día a selección e proposta de resolución de axudas dos expedientes promovidos por entidades privadas presentados ata 31 de marzo 2018.

10ª Xunta Directiva 10-07-2018

O 10 de xullo de 2018 celebrouse a 10ª Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia onde se seleccionaron e propuxeron para resolución as axudas dos expedientes presentados ata 31 de maio 2018.

9ª Xunta Directiva 13-06-2018

O día 13 de xuño do ano 2018 reuniuse a Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés- Ulla- Umia. Seguindo os puntos presentados na orde do día nomeouse Tesoureiro a D. Julio C. Reboredo Froiz, representante da Agrupación Profesional de Viticultores de Rías Baixas, deuse conta do incremento de fondos nos cadros financeiros 2018-2019 e das cotas dos concellos, tomando acordo sobre a cota da Deputación de Pontevedra. Seleccionáronse e propuxéronse para resolución as axudas dos expedientes presentados ata 31 de marzo 2018.

8ª Xunta Directiva 16-04-2018

O 16 de abril do ano 2018 ás 20:00 horas reuniuse a Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés- Ulla- Umia na que se aprobou o novo cargo de secretario nomeando a D. Juan Manuel Vidal Seage, Alcalde de Pontecesures. Tamén se deu conta do cadro financeiro e prazos da convocatoria 2018-2019

7ª Xunta Directiva 27-11-17

O luns día 27 de novembro de 2017 celebrouse a 7º xunta directiva onde se aprobou a proposta de gastos funcionamento e animación para o ano 2018

6ª Xunta Directiva 05-10-2017

O xoves 05 de Outubro de 2017 celebrouse a 6º Xunta Directiva para dar conta do transvase de fondos entre submedidas nos cadros financeiros 2017-2018 e para a selección e proposta de resolución de axudas dos expedientes presentados ata 31 de maio 2017

5º Xunta Directiva 31-08-2017

O día 31 de agosto do ano 2017 reuniuse a Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés- Ulla- Umia co obxecto de celebrar sesión para dar conta da modificación dos gastos de funcionamento 2017 e do incremento de fondos nos cadros financeiros 2017-2018. Por último seleccionáronse e propuxéronse para resolución as axudas dos expedientes presentados ata 31 de marzo 2017.

4º Xunta Directiva 12-07-2017

O día 12 de xullo do ano 2017 reuniuse a Xunta Directiva do Grupo Desenvolvemento Rural Salnés- Ulla- Umia có obxecto de celebrar sesión e dar conta da ampliación da póliza e da selección e proposta de resolución das axudas aos expedientes non produtivos de entidades públicos.

3º Xunta Directiva 22-02-2017

A 3º reunión da Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia celebrouse o 22 de febreiro de 2017. Dentro da orde do día ratificouse a Estratexia e baremos técnicos, aprobáronse os cadros financeiros 2017-2018 e os gastos de funcionamento e de animación do ano 2017.  Deuse conta da renovación da póliza de crédito, do proceso selectivo do equipo técnico e da convocatoria e prazos das axudas LEADER 2014-2020.

2º Xunta Directiva 28-06-2016

O día 28 de xuño de 2016 celebrouse a 2º reunión da Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia. A orde do día tratou sobre a incorporación de novos socios á asociación, a aprobación da Estratexia, baremos técnicos e Orzamento do programa e a toma de acordos para a xestión do programa LEADER 2014-2020.

1º Xunta Directiva 10-06-2016

O día 10 de xuño realizouse a primeira reunión da Xunta Directiva do GDR Salnés-Ulla-Umia, para aceptar os nomeamentos e axilizar algúns trámites burocráticos relativos ao GDR.