IDENTIFICACIÓN Titular: GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL SALNÉS ULLA UMIA (en diante, o propietario ou GDR SALNÉS ULLA-UMIA) Domicilio social: R/ Cruceiro 43, 36.990 Vilalonga – Sanxenxo (Pontevedra) – España C.I.F.: G-36.591.725
OBXECTO O presente Aviso Legal regula o acceso, navegación e utilización do Sitio. Non obstante, o acceso a determinados contidos e a utilización de determinados servizos pode estar sometido a determinadas condicións particulares, que serán en todo caso claramente mostradas e deberán ser aceptadas expresamente polos Usuarios. Estas condicións particulares poderán substituír, completar ou, se é o caso, modificar as establecidas no presente Aviso Legal.
Para os efectos da interpretación do presente Aviso Legal, enténdese que unha persoa pasa a ser usuaria (en diante, “Usuario” ou “Usuarios”) no momento en que acepta o presente Aviso Legal.
ACCESO E REXISTRO O acceso e uso do Sitio Web non require rexistro. Non obstante, o acceso e navegación polo Sitio Web supoñen que o Usuario do mesmo acepta na súa totalidade e obrígase a cumprir por completo o presente Aviso Legal, así como as instrucións ou recomendacións que se lle indiquen en cada caso concreto a través do Sitio Web. En todo caso, queda prohibido o acceso e navegación no Sitio Web por parte dos menores de catorce anos. En todo caso, presumirase que o acceso realizado por un menor ao Sitio Web se realizou con autorización previa e expresa dos seus pais, titores ou representantes legais.
DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL Esta páxina web e os contidos que alberga, tales como imaxes, software, produtos e servizos están protexidos polas leis de propiedade intelectual. Non poderán ser obxecto de explotación, reprodución, distribución, modificación, comunicación pública, cesión ou transformación sen a autorización do seu titular.
O nome comercial, os logotipos, as marcas e demais categorías de propiedade industrial que aparecen nesta páxina web son titularidade de GDR SALNÉS ULLA-UMIA e obxecto de protección polas leis autonómicas, estatais, europeas e internacionais relativas á propiedade industrial.
O acceso a esta páxina web non outorga aos usuarios dereito, nin titularidade algunha sobre os dereitos de propiedade intelectual nin industrial dos contidos que alberga esta páxina web.
GDR SALNÉS ULLA-UMIA resérvase a posibilidade de exercer as accións xudiciais que correspondan contra os usuarios que violen ou infrinxan os dereitos de propiedade intelectual e industrial.
LIGAZÓNS No caso de que na páxina web se dispuxesen ligazóns ou hipervínculos cara a outros sitios de Internet, estes son a mero título informativo.
MODIFICACIÓNS GDR SALNÉS ULLA-UMIA resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas na páxina web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados na súa páxina web.
MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS E DURACIÓN GDR SALNÉS ULLA-UMIA poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.
USO DO SERVIZO E RESPONSABILIDADES As condicións de acceso e uso da presente web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o Usuario a realizar un bo uso da web e dos servizos que se ofrecen.
Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros, prohibíndose expresamente:
Realizar actuacións que poidan producir na web ou a través da mesma e por calquera medio algún tipo de dano aos sistemas de teconsite.com ou a terceiros.
Realizar publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta spaming (envío de correos masivos) ou o envío de grandes mensaxes co fin de bloquear os servidores da rede (mail bombing).
GDR SALNÉS ULLA-UMIA non asumirá ningunha responsabilidade derivada do uso incorrecto, inapropiado ou ilícito da información aparecida no Sitio Web.
GDR SALNÉS ULLA-UMIA declina toda responsabilidade no caso de que o acceso ou as visitas á súa web se visen imposibilitadas ou dificultadas debido a unha interrupción ou defectuosa prestación do subministro eléctrico, telefónico ou doutros provedores de telecomunicacións alleos ao Sitio Web, ou no caso de producirse conflitos sociais ou outros supostos de forza maior, ou calquera actuación dun terceiro, incluídos os requirimentos ou ordes administrativas ou xudiciais, sabotaxes ou saturacións, intencionadas ou non.
Declínase igualmente toda responsabilidade derivada dos danos e prexuízos que puidera sufrir o visitante nos seus medios informáticos ou telemáticos como consecuencia da produción de calquera das circunstancias anteriormente expostas.
PROTECCIÓN DE DATOS E USO DE COOKIES Ver Política de privacidade e Uso de Cookies.
LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN COMPETENTE Este Sitio Web réxese pola lexislación vixente en España. Para toda controversia que puidera xurdir na interpretación e aplicación do presente Aviso Legal, e na medida do permitido pola lexislación vixente, tanto o Titular como os Usuarios, sométense expresamente á xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Cambados (Pontevedra), con renuncia ao seu foro propio se o houbese.