As dúas entidades reimpulsan a súa colaboración e ofrecen ao colectivo solucións a medida para facer fronte ás súas necesidades, mellorar a competitividade e dinamizar a economía
A entidade financeira reforza o seu compromiso co GDR para promover un crecemento sostible das empresas e impulsar a creación de emprego
16.01.2025. ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Salnés-Ulla-Umia veñen de renovar un ano máis o seu acordo de colaboración. Un traballo conxunto que colle un novo impulso para ofrecer solucións de financiamento no día a día das empresas que conforman o grupo e especialmente para dar resposta ás necesidades do tecido produtivo destas comarcas e xerar emprego e autoemprego.
O acordo foi asinado hoxe en Pontecesures (Pontevedra) polo coordinador responsable de colectivos de ABANCA en Pontevedra, José Liñeira, e o presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Salnés-Ulla-Umia, Juan Manuel Vidal. Durante o encontro, os dous representantes aproveitaron para conversar sobre os retos actuais aos que teñen que facer fronte os diferentes sectores económicos que conforman o grupo e acordaron manter un contacto e unha comunicación fluida para facer fronte aos posibles retos que se presenten.
O texto recolle solucións especializadas para o colectivo, con préstamos, liñas de crédito, avais, desconto comercial, confirming, anticipo de subvencións ou pago de impostos, entre outros. Ademais, os proxectos do ámbito agrogandeiro poderán solicitar a liña de financiamento agro multidestino, un produto exclusivo de ABANCA que unifica nun só contrato o financiamento máis habitual de circulante co conseguinte aforro de custos. Todo isto sen esquecer a experiencia da rede comercial máis extensa no ámbito territorial do GDR.
Os empresarios e empresarias que conforman o GDR poderán beneficiarse tamén das vantaxes ques lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. ABANCA conta ademais con xestores e xestoras especializadas en materia de seguros ou banca electrónica, entre outros, para as persoas interesadas. Ademais, desde as oficinas de ABANCA facilitarase toda a
información relativa ás opcións de financiamento dispoñibles a través dos convenios oficiais que o banco subscribe con diversos organismos públicos.
Outro dos puntos relevantes do acordo é o ‘Plan ABANCA Emprendedores e Profesionais’. Trátase dunha solución ideada para complementar a xubilación das persoas traballadoras autónomas. Trátase dun plan de pensións de emprego simplificado que permite aos profesionais por conta propia xerar un maior aforro que os tradicionais plans individuais.