GDR SALNES ULLA UMIA

GRUPO DE DESELVOLVEMENTO RURAL ULLA UMIA

Últimas Novas GDR Salnés Ulla Umia

GDR SALNÉS-ULLA-UMIA

¿QUE É O GDR SALNÉS-ULLA-UMIA (GDR 17)?
O GDR Salnés-Ulla-Umia é unha asociación sen fin de lucro constituída polo conxunto de institucións públicas e entidades privadas, dos ámbitos económico, social, cultural, veciñal, medioambiental e profesional, que desexen implicarse no programa Leader do territorio. Somos o GDR 17.
O ámbito territorial do GDR Salnés-Ulla-Umia comprenderá os seguintes concellos: Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
O GDR funcionará respectando o principio de “portas abertas”, de tal modo que, tanto na súa constitución como con posterioridade a mesma, admitirá a calquera entidade con implantación na comarca que desexe participar neste proxecto común e cumpra os requisitos para ser Socio.

OS NOSOS PROXECTOS EN VÍDEO

Visita a zona de proxectos ou o nosa canle de Youtube para poder ver os proxectos rematados en vídeo.

1

Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020

2

Mapa de distribución de Grupos de Desenvolvemento Rural no territorio galego – Definitivo para Leader Galicia 2014 – 2020

3

Bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local e selección e recoñecemento dos GDR como entidades colaboradoras

TERRITORIO

O territorio comprende unha poboación de máis de 145.000 habitantes (ano 2015) repartidos entre os máis de 563,6 quilómetros cadrados. Estes datos reflicten o importante peso desta área na provincia de Pontevedra, supoñendo o 15,3% da poboación da mesma e o 12,5% do seu territorio.
Segundo figura nas bases reguladoras para a selección de Estratexias de desenvolvemento local para a aplicación do Programa Leader de Galiza 2014-2020, coa finalidade de estender a aplicación da metodoloxía Leader o máximo posible, proponse como territorio elixible todo o territorio rural galego, coa excepción das entidades singulares de poboación que superan os 6.000 habitantes nas provincias atlánticas da Coruña e de Pontevedra (nas provincias de Lugo e Ourense este límite increméntase ata 10.000 habitantes).
Deste xeito quedan excluídos os núcleos urbanos de Cambados, O Grove, e Vilagarcía de Arousa.

Funcións do GDR

O GDR SALNES-ULLA-UMIA elaborou un programa de desenvolvemento, no que se inclúen as principais posibilidades, oportunidades e necesidades do territorio dende o punto de vista económico, dotacional e social e no que se recolle unha planificación dos proxectos que se van desenvolver no territorio no ámbito do programa Leader. Esta estratexia presentouse á convocatoria do programa Leader Galiza para o período 2014-2020. O GDR conta cunha estrutura técnica que se dedique a labores de:

– Mobilización, animación e dinamización
– Promoción e captación de iniciativas
– Maduración dos proxectos e apoio aos promotores
– Apoio técnico para a selección de proxectos
– Acompañamento dos promotores na evolución posterior dos proxectos

Estructura do GDR

Órganos de goberno e de asesoramento.
O GDR SALNES-ULLA-UMIA conta cunha Asemblea Xeral e máis cunha Xunta Directiva. Ademais destes dous órganos que se derivan da Lei de asociacións, proponse como órgano do GDR as Mesas Sectoriais, organizadas en torno a aqueles ámbitos que se consideren de interese. As Mesas Sectoriais do GDR SALNES-ULLA-UMIA son as seguintes:

– Mesa do sector agrario
– Mesa das asociacións de mulleres
– Mesas das asociacións mozos
– Mesa das asociacións empresarias e profesionais
– Mesa de acción social
– Mesa das asociacións medioambientais e sectores vinculados a entidades non contempladas noutras mesas
– Mesa institucional
– Mesa das asociacións culturais

Tamén conta cun equipo técnico encargado de realizar os labores de dinamización, mobilización, promoción e avaliación de proxectos para aplicar o programa de desenvolvemento deseñado.

SOCIOS

Coñeza as entidades asociadas ao Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés Ulla Umia clicando no seguinte enlace.
VER ASOCIADOS

ADHERIRSE

As entidades que cumpran os requisitos para ser socios do GDR poden solicitar a súa adhesión presentando, por rexistro de entrada do GDR, a Ficha de Socio e o acordo da súa entidade segundo o Modelo de Certificado de Adhesión que poden descargar nesta sección.

DESCARGA MOD. ADHESIÓN